Manhua, en chinés simplificado 漫画, en pinyin Mànhuà, é o nome que recibe a banda deseñada na China e Taiwán.[1] [2] No resto do mundo, a palabra úsase para definir a totalidade dos cómics producidos no país.[3] Aínda que as narracións gráficas análogas ás bandas deseñadas existiron nese territorio ao longo da súa historia imperial,[4] o termo manhua apareceu por primeira vez en 1904 nunha obra titulada shishi manhua, no xornal de Shanghai Jingzhong.[5]
O termo tamén inclúe formatos tradicionais específicos do país como Lianhuanhua.[2] [6] Tamén existe o termo Xin Manhua (que significa "novo manhua", en chinés simplificado 新漫画) para definir a produción levada a cabo a partir da década dos 80 no mesmo estilo que o manga do Xapón.[7]
O termo que abarca tanto a banda deseñada como a animación chinesa é Dongman. [8] [9] [10]
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search